RSS

lunes, 18 de febrero de 2013

Mais Amor

Las tardes de saudade saben a la voz de Rosa Cedrón


Berce sobre o que me quero arrolar
áncora que nunca me ha de deixar
Cando nada queda, cando me sobra o mundo
ti apertasme entre os brazos por un segundo
e xa sei que non vou sentir máis
Ningún mal

Fonte pura que me da de beber
auga clara que me ven confortar
Cando ti me bañas fas balsa do meu leito
deixas mudos os meus medos e o meu peito,
sabe que xa non é quen de sentir
Máis amor

Morna luz que me ven alumear
doce niño que me deu o quentor
Cando me aloumiñas tócasme no meu cerne
mirasme como ti so é que podes verme
Tal
Como eu son

Cando ti me bañas fas balsa do meu leito
deixas mudos os meus medos e, o meu peito,
sabe que xa non é quen de sentir
Máis amor.

0 comentarios:

Publicar un comentario